Sunday 28 de April de 2024

Acto de vandalismo en Guísamo


O Centro Social e o parque infantil de Guísamo apareceron con diferentes pintadas e graffitis. Desde o Concello de Bergondo denunciamos estes graves actos vandálicos e incívicos que danan notablemente esta edificación pública.

Non podemos esquecer que este tipo de accións prexudican á totalidade da veciñanza, xa que son elementos urbanos e investimentos realizados por todos e todas nós. É o noso deber como cidadanía ser responsables con eles e coidalos.